Hoxe é Martes 14 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimas prazas para o curso de nivel básico de prevención no sector da construción

RR_Noticias

A Asociación de Empresarios en colaboración coa Confederación de Empresarios de Pontevedra, organiza o curso “Nivel Básico en Prevención Sector da Construcción” entre o 9 de setembro e o 10 de outubro. En total 60 horas de duración nas que os participantes poderán adquirir os coñecementos necesarios para o desenvolvemento das funcións básicas de prevención de riscos laborais para aquelas actividades en obras de construcción.

O curso impartirase de luns a xoves en horario de sete da tarde a dez da noite e entre os contidos do mesmo abordaranse temas como os conceptos básicos sobre a seguridade e a saúde, os riscos xerais e a súa prevención, os riscos específicos e a súa prevención no sector da construcción, os elementos básicos de xestión da prevención de riscos e os primeiros auxilios.
A actividade formativa desenvolverase na sede da Asociación de Empresarios de Redondela, lugar no que se poden informar a inscribir aquelas persoas interesadas. Poden facelo tamén a través do teléfono no número 986 40 40 12. As prazas son limitadas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará