Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE critica que o goberno local non contratase ningunha brigada anti incendio

RR_Noticias

Unha decisión que cualifican de “irresponsable” motivo polo que solicitarán a comparecencia do alcalde, Javier Bas no pleno que se celebra mañá xoves ás 20:30 horas co obxecto de que dea explicación de “por qué Redondela non conta cunha brigada anti incendio para a prevención e defensa dos bosques e montes de toda a vila durante os meses de maior risco”.

Os socialistas argumentan que nunha época na que Galicia sofre un incendio forestal case cada día, sobre todo en Pontevedra e Ourense, é unha “grave irresponsabilidade” pro parte do Partido Popular deixar Redondela sen protección neste eido tendo en conta ademais as altas temperaturas rexistradas ao longo de todo o verán que aínda non rematou.
Solicitan ao rexedor local que explique na sesión plenaria por qué non se contratou ningunha destas brigadas, para o cal contaba con dúas opcións, xa que podían facelo a través de empresas privadas ou a través do propio Concello, como fixeron moitos concellos de toda Galicia.
A non contratación desta brigada amosa, segundo o PSOE “a falta de previsión e a imprudencia na que incorren desde este goberno local en temas tan importantes como o que estamos a falar”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará