Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xuventude promove o video currículum para buscar emprego

RR_Noticias

As persoas interesadas en aprender a elaborar un currículo en formato vídeo personalizado poden inscribirse nun curso que a Concellería impartirá os días 12, 16, 17 e 18 de setembro e o 7 de outubro. Orientado exclusivamente a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos a actividade é de balde. A inscrición remata o 11 de setembro.

Atopar un emprego é en tempos de crise un difícil obxectivo e os solicitantes recorren cada vez máis a diferentes técnicas para diferenciar o seu perfil laboral. Os currículos en formato vídeo serven para completar o CV tradicional e supón unha oportunidade para se achegar aos empresarios dun xeito orixinal. Partindo desa idea dende a Concellería de Xuventude impartirán a partir do 12 de setembro un curso orientado a mozos e mozas de entre os 18 e os 30 anos de idade no que os participantes aprenderán a elaborar un currículo en formato vídeo personalizado.
As persoas interesadas deben inscribirse antes do 11 de setembro no departamento de xuventude que se atopa no segundo andar do Multiusos. A actividade é gratuíta e está orientada a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. O curso arrancará na tarde do 12 de setembro e continuará en horario de mañá e tarde os días 16, 17 e 18 de setembro. Rematará o día 7 de outubro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará