Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Besteiro defende en Redondela un PSdeG “máis galego e sen complexos”

RR_Noticias

O presidente da Deputación de Lugo e candidato á secretaría xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visitou esta mañá Redondela para pedir o voto da militancia socialista para a súa candidatura. Pero insistiu, sobre todo, na necesidade de que a participación nas “primarias” socialistas sexa masiva.

Fíxoo nun acto na sede do partido redondelán no que participaron uns 50 militantes e destacados membros da formación como o secretario xeral e concelleiro Leonardo Cabaleiro, o voceiro Eduardo Reguera, Emilio González (exconcelleiro) e José Blanco (exsecretario xeral) entre outros. Besteiro sinalou que logo de superar a crise interna do partido xa é hora de falar “das cousas que lle preocupan ós cidadáns”. Avogou porque o PsdeG volva traballar para facer fronte “á dereita de Feijóo”, e devolver á sociedade as gañas de “recuperar o futuro”. Fixo referencia tamén ó caso concreto de Redondela, un municipio que durante máis de 30 anos tivo un goberno socialista e que debe pelexar tamén “para volver a convencer aos votantes e recuperar a alcaldía”. Besteiro defende que o PSOE debe garantir a volta á política de esquerdas e progresista. Salientou a política do PP está a provocar que, por primeira vez, os pais de familia pensen que os seus fillos “teñen un porvir peor que o deles” e que esa situación hai que revertila “desde a esquerda”. Defendeu tamén a necesidade de facelo desde un PsdeG “máis galego”, aínda que non nacionalista, e “sen complexos”. Besteiro entende que os intereses de Galicia non deben defenderse só en Santiago, senón tamén “en Madrid, en Bruxelas e no mundo”. O candidato lucense anunciou que dará máis voz á militancia no caso de que lidere a nova etapa que o socialismo galego abrirá no congreso do día 29, e anticipou a súa intención de manter unha cita anual con toda a militancia “para compartir e debater as súas propostas”.  

José R. Gómez Besteiro candidato á secretaría xeral do PSdeG
O candidato fai un chamamento á militancia socialista para que participe nas primarias.
Recuperar o futuro en Redondela
Besteiro aposta por recuperar a ilusión dos votantes progresistas.
Un PSdeG máis galego
O candidato fala dun socialismo máis galego aínda que non nacionalista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará