Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. perde por 0-2 no amigable diante do Bembrive, de Segunda B

RR_Noticias

Era o rival de maior entidade ao que se medía pretemporada o equipo de Julio Mougán, xa que se trata do equipo máis representativo da provincia. O encontro, que se xogou a un ritmo vertixinoso, contou cunha primeira parte de dominio redondelán. Pero os vigueses foron tomando posicións e demostrando, coa súa calidade, as razóns que os levan a estar nun posto destacado da súa categoría.

O Redondela empezou dominando o choque, manexando a posesión do balón e con algunha oportunidade, pero sempre desbaratada pola falla de puntería ou pola actuación dos porteiros visitantes. Ambos adestradores decidiron xogar 30 minutos cada tempo a reloxo corrido. Mediada esta primeira parte, o Bembrive empezou a asentarse e amosar a súa categoría. Ameazaba a portería defendida por Iván e nunha das accións Berni anotou o primeiro dos tantos. Con este resultado se chegaría o descanso. A segunda parte non pasou factura, e as bancadas do Pabillón Municipal de Redondela gozaron dun gran encontro, onde o Bembrive tivo as ocasións máis claras, e foi xusto nun rebote cando Xacobe conseguiría o definitivo 0-2. Os redondeláns tentaron ata o último segundo o gol, pero xa non sería posible. A lectura, con todo, é positiva para o club redondelán, que segue avanzando na súa preparación. Esta semana visitarán outro dos equipos representativos de Vigo, o IES Coruxo, da 3ª división, será o sábado día 7.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará