Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco paga cara a súa falta de acerto ante un Negreira máis eficaz

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes regresaron de terras coruñesas de baleiro, logo dun partido no que tiveron que pagar cara a súa falta de pegada de cara a portería do Negreira, que estivo moito máis acertado na fase anotadora. Os redondeláns tiveron ocasións e mesmo puideron inaugurar o marcador nos primeiros minutos do partido, pero foron os locais os que anotaron o primeiro tanto e se fixeron co encontro, cun resultado final de 3-1.

Antes de que se cumprise o minuto 20, o Choco gozou de tres achegamentos de perigo. Primeiro foi Caloi, tras controlar co peito un centro de Curri, quen forzou a parada do debutante Diego Penas. O segundo foi de Rober, quen fallou cun disparo desde a frontal da área. O terceiro foi obra de Curri, que non puido superar ao gardameta local nun man a man. Logo foi Óscar Vidal o que aproveitou un rexeite da defensa do equipo de Redondela para bater a Cortegoso e colocar ao Negreira por diante no minuto 36. Tan só tres minutos máis tarde, unha xogada desde fóra da área de Adrián e Álvaro terminou cun remate do segundo ao pau longo e un novo tanto para os locais. Con 2-0 chegouse ao final da primeira parte. Nada máis comezar a segunda metade, Juan sentenciou para o Negreira cunha xogada individual que culminou regateando ao porteiro e marcando sen oposición. Malia desvantaxe de tres goles, o Choco seguiu buscando a portaría do Negreira, que defendeu con orde. O tanto da honra do equipo redondelán marcouno Yeray de cabeza, tras un rexeite do porteiro Diego Penas. Con esta derrota, logo do empate do partido inaugural co Pontevedra, o Choco só suma 1 punto, e ocupa os postos baixos da táboa. Na próxima xornada reciben ao Órdenes, que ocupa a segunda praza da clasificación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará