Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos municipais de inglés para todas as idades

RR_Noticias

Xa están dispoñibles as bases destes cursos na páxina web do Concello de Redondela. Todos os cursos comezarán no mes de outubro deste 2013 e rematarán no mes de xuño de 2014. Os cursos infantís serán de dúas horas semanais, cunha duración total de 60 horas, e os cursos para adultos serán de dúas horas e media á semana, cunha duración total de 80 horas.

Os cursos infantís son para rapaces desde 2º de Primaria ata 3º da ESO, con diferentes niveis. Nos cursos de adultos haberá tamén diferentes niveis, desde o A1 ata o nivel FIRST. Para o alumnado matriculado o ano anterior o prazo de matrícula abrirase dende o 2 de setembro ata o 6 de setembro, ámbolos dous días inclusive. No momento de formalizar a matrícula deberase facer o pagamento das taxas correspondentes. Para o novo alumnado (tanto infantís como adultos) o prazo abrirase dende o 9 de setembro ata o 13 de setembro , ámbolos dous días inclusive. Realizarase un sorteo con todas as solicitudes presentadas, evitándose a súa realización se non se cobren as prazas previstas. O custo do curso é de 60 euros todo o curso (tanto infantís como adultos). Pagaranse 30 euros no momento de formalizar a matrícula e os outros 30 euros no mes de febreiro de 2014.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará