Hoxe é Martes 12 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis solo industrial e a supresión da peaxe na AP-9 son as principais demandas dos empresarios

RR_Noticias

Os empresarios de Redondela expuxeron onte as súas necesidades ó novo presidente da patronal provincial, Luís Novoa. O emprego é a principal preocupación da Asociación de Empresarios de Redondela, xa que o paro no municipio é case dun 30%. Entenden que a posta en marcha do PXOM coa construcción dun parque industrial favorecería a creación de emprego.

José Antonio Gómez, presidente da Asociacción Empresarios de Redondela (AER), explicou que a carestía de chan dedicado a actividade empresarial supón unha grave deficiencia que impide que se desenvolva a economía en Redondela, obrigando a moitas empresas a establecerse fóra dos seus límites. Pon como exemplo o polígono de Mos, onde se están a instalar novas naces industriais, algo polo de agora imposible no Concello de Redondela. Isto supón freo para o emprego, moito máis elevado en Redondela que noutros municipios da bisbarra. A eliminación da peaxe da AP-9 entre Vigo e Redondela é outra das vellas reivindicacións da Asociación de Empresarios de Redondela, que lamenta o “agravio comparativo” cos municipios do Morrazo, que non pagan peaxe. Gómez denuncia que a parroquia de Chapela, que padece os prexuízos polo paso da autoestrada, non se ve compensada coa liberalización da peaxe. A planificación dos plans de formación de cara á próxima convocatoria tamén acaparou parte do encontro. Gómez Pérez expresou o especial interese dos seus asociados pola formación orientada ao comercio, a hostalaría, a prevención de riscos laborais e a internacionalización. Pola súa banda, Novoa Díaz, animounos a presentar á CEP as súas necesidades prioritarias, co obxectivo de presentalas conxuntamente ante as autoridades provinciais e autonómicas. Precisamente, ese é un dos obxectivos da toma de contacto coas asociacións territoriais que o novo presidente da CEP emprendeu con esta rolda de visitas institucionais.  

José Antonio Gómez presidente da AER
A fala de solo industrial condena a Redondela a ter unha elevada taxa de paro.
Eliminación da peaxe Vigo-Redondela
Para a patronal redondelá a peaxe da AP-9 supón un agravio comparativo on outros municipios da área metropolitana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará