Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rouban en Vilaboa un camión con 530.000 euros en tabaco e a Garda Civil recupérao en Arcade

RR_Noticias

Catro encapuchados asaltaron onte martes un camión que transportaba tabaco e levaron toda a súa carga, un total de 265 caixas de tabaco, valoradas en 530.000 euros. O suceso tivo lugar na N-550, en Vilaboa, e tanto o camión como a carga foron recuperados pouco despois polos axentes da Garda Civil nunha nave abandonada en Arcade.

Segundo informou a Garda Civil, o suceso tivo lugar sobre as 9.30 horas deste martes na estrada N-550 en Vilaboa, á altura do punto quilométrico 30,4, cando dous vehículos interceptaron a un camión de transporte cortándolle o paso. Do interior destes coches saíron catro persoas que cubrían os seus rostros con pasamontañas e que obrigaron ao chofer a baixar do camión. Inmediatamente subiron á cabina e levaron o vehículo que transportaba tabaco. Segundo declarou o transportista aos axentes da Benemérita, os asaltantes non estaban armados. A Garda Civil puxo en marcha un dispositivo de busca e sobre as 10,15 horas se localizou ao camión sen a carga nas inmediacións de Arcade (Soutomaior), a escasos quilómetros de onde fora roubado. Tras as investigacións realizadas por axentes da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Pontevedra, localizouse e recuperou a totalidade da carga nunha nave da mesma localidade na que apareceu o camión.
Na nave tamén apareceu un dos vehículos utilizados polos asaltantes, que fora roubado en Vigo o día anterior. De momento segue aberta a investigación para localizar aos supostos autores, aos que a Garda Civil considera “perfectamente coñecedores” da contorna no que se desenvolveron os feitos.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará