Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela volve á “olimpíada” do remo

RR_Noticias

A tripulación do C.R. Chapela disputará este xoves a regata clasificatoria da regata da Concha, tras a renuncia da traiñeira guipuscoana de Zarautz. O club redondelán xa anunciou a súa intención de participar despois de recibir onte formalmente a confirmación. Os remeiros de Fran González volverán a loitar por meterse na final da regata considerada “a olimpíada do remo”, un soño que xa fixeron realidade a tempada pasada.

O C.R. Chapela era o primeiro club na lista de reservas segundo estableceu a organización da regata, e será o terceiro galego que participe, xunto con Samertolameu e Cabo de Cruz, no grupo B da proba vasca. No grupo A, composto polas embarcacións da liga ACT está tamén Tirán Pereira. A regata dispútase o xoves a partir das 18.00 horas, e as opcións da traiñeira redondelá de entrar na final son remotas. Con todo, poderían dar a sorpresa, como xa fixeron o ano pasado, cando se converteron no equipo revelación da proba ao ser os únicos participantes que non pertencían á liga ACT. Julio Prado, vicepresidente do club, salienta que porán “toda a ilusión e o esforzo” por repetir ese éxito, aínda que recoñecen que será “moi complicado”. Agora o club de Chapela traballa a contrarreloxio para organizar a viaxe, algúns dos deportistas xa saíron cara terras vascas, outros farano ao longo da xornada de hoxe. Tamén partiron xa as compoñentes da traíña galega feminina, da que forman parte varias deportistas do club redondelán, ademais do seu adestrador Marco Antonio Castelao. As galegas tentarán revalidar o seu triunfo, xa que desde que se creou a categoría feminina, en 2008, a tripulación galega gañou todas as edicións. As remeiras pertencen, ademais do do C.R Chapela, aos clubs de Tirán, Cabo de Cruz, Amegrove e Mecos.  

Julio Prado do C.R. Chapela
No club competirán con toda a ilusión por revalidar o éxito do ano pasado.
Bandeira feminina
O combinado galego loitará por faerse un ano máis coa prestixiosa bandeira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará