Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco arranca a liga na Terceira División en Soutomaior diante do Pontevedra

RR_Noticias

A fin de semana deixa moitas citas deportivas, como o inicio ligueiro do equipo de Jacobo Montes. Ademais o Fútbol Sala Redondela xoga o seu primeiro amigable en Pontevedra, mentres no balonmán o Solla&Cía Chapela disputa en Portugal o trofeo Viseu. No remo os equipos de Chapela e Cesantes despiden a LGT-A e a LGT-B, respectivamente, en Cabo da Cruz.

Despois de 30 anos o C.D. Choco volve á Terceira División. A estrea é o domingo, 25 de agosto, ás 18.30 horas, diante do Pontevedra C.F.. E malia que comezan a liga como locais os seus seareiros deberán desprazarse ao Graciano Padín de Soutomaior para presenciar o encontro. O motivo son as obras de mellora no Campo de Fútbol Municipal de Santa Mariña, que aínda non están rematadas e impiden disputar alí o encontro de liga. Esta non será a única cita do deporte local na fin de semana. No fútbol sala os de Julio Mougán preparan a pretemporada, e mañá sábado disputarán o seu primeiro amigable. Será no Municipal de Pontevedra, diante do Leis, de 3ª División, ás 16.45 horas. O balonmán tamén nos deixa unha importante cita para a fin de semana. O Solla&Cía Chapela prepara o inicio ligueiro da División de Prata participando no Trofeo Viseu Portugal. O domingo, día 25, xogarán co Benfica (16.00 hora portuguesa). A fin de semana tamén nos deixa a despedida das ligas galegas de traiñeiras. O C.R. Chapela participa o domingo na última proba da LGT-A, a XXIII Bandeira Concello de Boiro, en Cabo da Cruz. Na Liga Galega-B, na que participa o Club de Remo de Cesantes, esta fin de semana péchase a competición con dúas probas. O sábado coa VIII Bandeira Concello de a Pobra e o domingo coa XXIII Bandeira Concello de Boiro, en Cabo da Cruz
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará