Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Para turismo náutico, Redondela

RR_Noticias

Un curso de formación de Ocio e turismo náutico, único das súas características en España, abre a porta a un sector sen explotar aínda na nosa comunidade. O feito de ser unha aposta novidosa, sumado ó potencial da ría, a Enseada de San Simón e a suave climatoloxía, fan que este curso supoña un interesante nicho de negocio para os desempregados de Redondela.

Un total de 15 alumnos de entre 21 e 43 anos, todos eles desempregados, están a formarse como monitor de ocio e turismo náutico. Un curso que, como explicaba Ana Alonso, concelleira de Emprego, comezou en xuño e rematará en novembro, e suporá unha oportunidade de emprego para todos eles. As especialidades náuticas que se imparten son windsurf, kaiak, paddle-board, kite-surf e vea en catamarán. Pero a estas clases prácticas, que se imparten na Enseada de San Simón, súmanse as teóricas, que reciben no centro de formación da Marisma. Na aula aprenden métodos para ensinar a grupos, a ofertas paquetes turísticos, e mesmo a crear a súa propia empresa. Jose Andrés, coordinador do curso, salienta que as rías galegas teñen unhas características que as fan “únicas no mundo”, polo que zonas como San Simón teñen un enorme potencial en materia de turismo náutico onde aínda “está todo por facer”. Os alumnos amósanse “moi satisfeitos” coa experiencia, e algúns como Ana e Lupe non desbotan a posibilidade de facer desta formación un futuro laboral. Do mesmo xeito opina Edison, quen salienta que “calquera persoa” pode practicar este tipo de deportes, xa que tan só se precisa “algo de técnica” e uns coñecementos básicos. Este curso de Ocio e turismo náutico foi subvencionado con fondos europeos pola Consellería de Traballo e Benestar, que destinou 68.000 euros.  

Ana Alonso concelleira de Emprego
O Concello quere ofrecer ós desempregados novas oportunidades de negocio.
Jose Andrés coordinador
As rías galegas ofrecen unhas condicións óptimas para os deportes náuticos.
Edison alumno
Os alumnos entenden que esta formación lles ofrece unha interesante saída laboral.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará