Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música galega e hindú en Redondela

RR_Noticias

A programación de verán da Concellería de Cultura achega esta fin de semana a Redondela e Chapela tres eventos musicais. Esta noite na Alameda de Chapela actúa o grupo de música tradicional Carapaus. O sábado será a quenda da senlleira agrupación A Roda, cun concerto na Praza da Casa da Torre. No mesmo emprazamento haberá o domingo un concerto de música hindú con de Vikas Tripathi e Rajib Karmakar.

Esta noite de venres a programación cultural desprázase á Alameda de Chapela coa actuación do grupo de música tradicional galega Carapaus, ás 22.30 horas. Cinco músicos procedentes de formacións como Chouteira, Ultreia ou Tintafemia, xúntanse neste novo proxecto co que veñen de gravar “Conservas de música tradicional”. Nel soan múltiples instrumentos da tradición galega (gaitas, frautas, zanfona, acordeón, percusións) que dan frescura e ritmo a todo o espectáculo. E na fin de semana a Praza da Casa da Torre acollerá dous concertos. Mañá sábado será o da mítica formación galega “A Roda” , que chega a Redondela coa súa “Xira na memoria”, en homenaxe ao membro fundador e alma do grupo, falecido hai uns meses, Fito Domínguez. O grupo A Roda, distinguido co Premio da Crítica de Galicia pola súa contribución a prol da normalización lingüística no ámbito musical, foi un dos referentes musicais galegos durante a transición, que baseou os seus máis de trinta anos de traxectoria na recuperación de cantigas tradicionais galegas, repertorio ao que incorporou pezas propias que tamén acadaron unha ampla difusión social. E o domingo 18 de agosto, ás 22.30 h, haberá un concerto de música hindú a cargo de Vikas Tripathi e Rajib Karmakar, que se celebrará tamén na praza da Casa da Torre. Este concerto está dentro dun proxecto que pretende difundir a música da India, e preséntase para divulgar a música clásica hindú, transmitida dende hai centos de anos de mestre a discípulo, sen necesidade de solfexo, harmonía ou contrapunto. As melodías baséanse en sentimentos e sabores que identifican con diferentes momentos e estados emocionais que o músico deberá interpretar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará