Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior volverá acoller o inicio do curso político coa presenza de Mariano Rajoy

RR_Noticias

O presidente Mariano Rajoy repite na provincia de Pontevedra e inaugurará o curso político un ano máis cun acto multitudinario que terá lugar no Castelo de Soutomaior e no que tamén participará o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, e o líder provincial, Rafael Louzán. O acto terá lugar o sábado 31 de agosto coa presenza de cargos políticos do partido e militantes.

Louzán asegurou sentirse “moi satisfeito” de que o acto que marca o reinicio da actividade política despois do período estival se faga unha vez máis desde a provincia de Pontevedra. O presidente da Deputación salientou ademais que o acto se celebra nun momento no que comeza a haber certos signos “dunha melloría económica” , e aínda que recoñeceu que non é posible falar dunha “recuperación económica inmediata”, afirmou que se trata de datos “alentadores”. As cifras do paro, con cinco meses consecutivos de baixada a nivel nacional, son un dos indicadores que Louzán sinalou como indicativo desta melloría, aos que hai que sumar outros como a prima de risco, as contas da Seguridade Social ou a moderación no ritmo de contracción da actividade económica.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará