Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cultura reunirase cos responsables do C. C. de Cabeiro para dar unha solución á súa biblioteca

RR_Noticias

O concelleiro de Cultura, Julio Alonso, aínda non recibiu un comunicado oficial do centro cultural sobre as súa reclamación dunha subvención para a axencia de lectura de Cabeiro. Alonso confía en poder manter unha xuntanza cos responsables da asociación e chegar a un acordo “formal” para que a biblioteca poida manterse aberta ó público.

O Centro Cultural alega que o goberno local de Redondela débelles o pago de 1.200 euros anuais comprometidos coa anterior corporación, e que de non recibila a axencia de lectura está condenada ao peche. . A biblioteca de Cabeiro forma parte da Rede de Bibliotecas de Galicia, e unha subvención do Concello permitía manter o servizo. Afirman que a anterior corporación tiña asignada unha retribución de 1.200 euros para o pago de gasolina a un socio voluntario que abre a biblioteca dous días á semana. Advirten que desde a entrada do actual goberno local non recibiron esta axuda, polo que reclaman os pagos correspondentes aos anos 2012 e 2013. O responsable de Cultura, Julio Alonso, recoñece que existe un acordo plenario do ano 1990 que compromete ao Concello a sufragar os gastos de mantemento e persoal da biblioteca, pero advirte que no Concello non consta ningún pago efectuado ó Centro Cultural de Cabeiro por este concepto. Alonso agarda poder reunirse en próximas datas cos responsables deste colectivo para dar unha solución ao problema e establecer un convenio formal co Concello para subvencionar esta actividade.  

Julio Alonso edil de Cultura
Alonso agarda reunirse cos responsables do Centro Cultural de Cabeiro para aclarar a situación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará