Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela gaña a Bandeira Teresa Herrera de traiñeiras

RR_Noticias

O de remo redondelán fíxose onte coa súa primeira bandeira da temporada ao tempo que acabou co dominio de Amegrove na Bandeira Teresa Herrera, xa que embarcación grovense gañara a proba coruñesa nas dúas últimas edicións. O C.R.Chapela marcou o mellor tempo das nove embarcacións que disputaron, en dúas quendas, a final dunha cita que coincidiu coa vixésimo sétima edición do trofeo que leva o mesmo nome.

Os remeiros de Chapela pararon o cronómetro en 21:00 e avantaxaron en máis de 19 segundos ao líder da liga Galega de Traiñeiras, Samertolameu de Meira, que fora a mellor embarcación nas clasificatorias do sábado. Pero na final, que non puntuaba para a liga, o líder non puido con Chapela. Cabo da Cruz completou o podio na Coruña a menos de tres segundos do segundo posto. Os redondeláns teñen aínda dúas citas para recortar distancias co líder, na XXIII Bandeira Concello de Moaña, o próximo domingo día 18 e a XXIII Bandeira Concello de Boiro o 25 de agosto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará