Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de Roi Casal na Praza da Casa da Torre

RR_Noticias

O artista galego actuará o sábado 10 de agosto ás 22.30 horas dentro da programación de verán do Concello. Logo de impartir varios concertos didácticos para os alumnos dos institutos redondeláns, Roi Casal chega a Redondela coa súa banda para presentar o seu último traballo, Maxicamente Vello, no que a música tradicional galega se reinterpreta cunha visión contemporánea pop-rock.

Un estilo persoal que está a resultar un éxito, xa que co seu último disco levan realizado unha xira de máis de 50 concertos, foi o disco galego máis vendido e recibiron varios galardóns. O artista afirma que a súa máxima é “que o público desfrute durante unha hora e media” co seu espectáculo, inspirado na música tradicional pero interpretado por unha formación eminentemente pop-rock, que se diferencia polos sons da arpa, a cálida voz de Silvia Ferre e o carácter que lle imprimen a batería, as guitarras eléctricas e os sintetizadores. Roi Casal e a súa banda están considerados como unha das referencias da música actual feita en Galicia, e teñen compartido cartel na xira deste ano con artistas como Chuchito Baldés, Chenoa ou Julieta Venegas, entre outros. O concerto está enmarcado dentro da programación de verán do Concello de Redondela. Terá lugar o vindeiro Sábado 10 de Agosto a partires das 22h30 na Praza da Casal da Torre de Redondela. A entrada é de balde.  

Roi Casal músico
O artista fala do seu espectáculo en Redondela.
Foi o vento
Tema que abre o disco Maxicamente Vello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará