Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un incendio calcina o interior dunha vivenda en Redondela e unha furgoneta que estaba aparcada

RR_Noticias

Afortunadamente non se produciron feridos ao non haber ninguén no interior da casa, situada en Eira Pedriña, e que se atopaba xa moi deteriorada. O lume mobilizou aos bombeiros de Vigo e de Porriño así como ó Grumir de Redondela e a Policía Local, que controlou o tráfico e creou un perímetro de seguridade. A pesar de atoparse a vivenda pegada a outra, non foi necesario desaloxar aos veciños.

O suceso tivo lugar pouco despois das dez da noite do venres, e as labores de extinción prolongáronse ata a madrugada do sábado. Foron os propios veciños da casa lindeira os que alertaron ós servizos de emerxencias de que se producira un incendio. Ao chegar ao lugar do suceso, no quilómetro 1 da estrada N-555 que une Redondela con Peinador, a vivenda atopábase baleira e as chamas xa estaban afectado á súa estrutura. Ademais, o lume tamén alcanzou unha furgoneta que estaba aparcada nun dos laterais do inmoble, e que quedou tamén completamente destruída. A intensa fumareda provocada polo incendio afectou tamén á fachada da casa veciña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará