Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Loito oficial con bandeiras a media hasta e crespóns negros en Redondela

RR_Noticias

Dende o concello secúndase a convocatoria da Federación galega de Municipios e Provincias e convócase ás doce do mediodía unha concentración diante da casa do concello e lembranza das vítimas do accidente ferroviario de Santiago e en solidariedade cos familiares
 

Cinco minutos de silencio ó mediodía de hoxe diante da Casa do Concello será a pequena homenaxe coa que se quere lembrar ás 80 vítimas mortais e as ducias de  feridos o que deixa o dramáticos accidente ferroviario do pasado mércores día 24.
Dende o Concello animan aos veciños e se unir a esta homenaxe en calquera lugar no que se atopen así como a achegarse á praza do Concello no caso de ser posible.
Por outra banda, ás 11:15 os representantes dos diferentes grupos políticos con presenza na corporacións municipal reuniranse para acordar os actos que se suspenden ou organizan co gallo dos sete días de loito decretados na comunidade galega.
Lembramos ademais que dende a organización do festival Sinsal acordaron suspender a cita que se ía celebrar esta fin de semana na Illa de San Simón. En solidariedade con todos os afectados no sinistro de Santiago de Compostela e co loito do pobo galego suspéndense todos os actos previstos.
Nos próximos días dende Sinsalaudio decidirán se o festival se traslada a outra data e confirman que a devolución do importe das súas entradas está totalmente garantido para quen así o decida dende o momento en que anuncien a continuidade do evento noutra data ou a súa cancelación definitiva.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará