Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As festas do Carme de Cesantes e Chapela manteñen as súas celebracións malia o loito oficial

RR_Noticias

As comisións de festas reunidas onte decidiron introducir algúns cambios nos seus programas festivos, cambios que no caso de Chapela supón suspender todos os actos previstos para a xornada de hoxe que se trasladan ao vindeiro martes. En Cesantes os actos arrancaban onte coa tradicional procesión na que se gardou un minuto de silencio na honra das vítimas do accidente de Santiago. A comisión acordou suspender a música diurna aínda que mantén para esta noite a verbena coas orquestras América e Astarot.

A comisión de festas de Chapela acordou suspender os actos previsto para a xornada de hoxe na parroquia co gallo da celebración das festas na Honra da Virxe do Carme, unha festas que arrancarán polo tanto mañá sábado con pasarrúas a cargo de gaitas Froles Mareliñas e a charanga Os terribles de O Porriño. A verbena contará coas orquestras Sintonía e Fin de Siglo.
O domingo ás doce do mediodía celebrarase a procesión e unha misa solemne cantada pola coral Frol Nova. As 21:00 horas actuará a banda de Música Xuvenil de Chapela e as 22:30 as orquestras Américan Top Limón.
As festas continuará luns coa procesións ás 11:30 horas e pola tarde xogos infantís e de animación e a verbena nocturna que contará coa presenza das orquestras Magos de España e Manila. Xa o martes pecharanse as celebracións cos actos que nun principio estaban previstos para hoxe venres e que consistirán na actuación ás 19:30 horas do grupo folclórico Anaquiños e a verbena a partir das 22:30 horas amenizada polas orquestras La Bámbola e Televisión.
Festa en Cesantes
En Cesantes mantense a verbena nocturna para hoxe venres coas orquestras América e o grupo Astarot. As actividades continuarán na fin de semana con actos relixiosos e musicais tanto na xornada do sábado como o domingo. Así mañá haberá procesión marítima ás 10:00 dende o peirao acompañada polo grupo folclórico Airiños de San Simón e ofrenda aos mariñeiros falecidos. O domingo a  procesión será terrestre as 18:00 horas acompañada pola Bande de cornetas, gaitas e tambores Ría de Vigo de Beade. As noites estarán amenizadas o sábado pola orquestra Hollywood e Ismael e o domingo polas orquestras Canela e Hiroshima. En ambos os dous casos a verbena comezará ás once da noite.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará