Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os nenos redondeláns vanse de campamento a San Simón

RR_Noticias

En total 34 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos participaron da primeira quenda do Campamento de verán que se celebrou en San Simón. Ginkanas temáticas, xogos de misterios, actividades náuticas formaron parte do programa desenvolvido pola empresa Koremi encargada deste campamento que se repetirá entre o 19 e o 24 de agosto e novamente entre o 26 e o 31 de agosto.

Un dos grandes atractivos deste campamento é sen ningunha dúbida o espazo no que se desenvolve que permite organizar actividades náuticas pero tamén ginkanas temáticas relacionadas co misterio e coa historia da illa, asegurando a diversión e garantindo ademais que os participantes se acheguen ao pasado e á historia de San Simón dun xeito ameno e divertido. Lorena Reboredo, monitora no campamento salienta ademais que o rapaces aprenden neste tipo de campamentos a asumir responsabilidades xa que a xornada arranca ás oito da mañá e son os propios nenos os que preparan o almorzo e asumen a limpeza dos dormitorios. Unhas normas que de entrada poderían parecer difíciles de cumprir pero que os participantes asumen sen problema, adoptando incluso prácticas que semellan máis difíciles en nenos destas idades “como por exemplo desconectarse completamente do móbil” que só se lles permite acender durante media hora ao día. Tamén o tema da comida sorprende aos pais e nais que ven como “os rapaces non tiveron problemas en adaptarse ao menú, comendo cousas que non adoitan querer na casa como verdura ou peixe” Os nenos non dubidaban en recomendar a experiencia e falaban dunha convivencia divertida. Salientaban ademais que malia seren case todos de Redondela en moitos casos non se coñecían ou tan só de vista e que esta experiencia serviulle para facer amigos. Sobre as actividades concretas que máis lle gustaron houbo coincidencia en falar dun xogo náutico coñecido como “a banana” As próximas citas son na semana do 19 ao 24 de agosto e do 26 ao 31 dese mesmo mes.  

Nenos e monitores en San Simón
Unha reportaxe do que alí viviron durante unha semana de campamento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará