Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mundialito da Xunqueira aborda a súa fase final cos oito equipos superviventes

RR_Noticias

Oito equipos disputarán esta semana os partidos decisivos desta trixésimo novena edición do Mundialito da Xunqueira. Entre os superviventes logo de tres semanas de partidos están os favoritos: Pablo Valle, Rodavigo ou Opel Fimauto entre outros. A organización mantén aberto o prazo de presentación de imaxes ao concurso fotográfico dotado cun premio de 50 euros.

Hoxe xornada de descanso que serve tanto a xogadores como aos membros da organización para preparar os últimos días do campionato que aborda a partir de mañá a sáu fase final. Este martes dispútanse a partir das nove da noite os encontro correspondentes a cuartos de final que enfrontará a Cafetería o Nordés con Agrocar, a continuación xogarán Rodavigo- Degal San Marcos, as dez enfrontaranse Opel Fimauto- Chusco D,Guay e pechará a xornada o partido entre Pablo Valle-Redontur ás 22:30 horas.
As semifinais serán o venres a partir das nove da noite e o sábado terán lugar os encontros que decidirán o terceiro e cuarto posto e o campión desta trixésimo novena edición.
Lembran dende a organización que continúa aberto o prazo de presentación de fotografías ao concurso que anima a todos os asistentes a sacar as súas instantáneas e optar así a un premio de 50 euros. Os participantes deberán enviar ó mail do club Fútbol Sala Redondela (f.s.redondela@hotmail.es).
O XXXIX Mundialito da Xunqueira está organizado polo Club Redondela Fútbol Sala, en colaboración co Concello e a Cafetería Aifos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará