Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anova adiántase ao Día da patria cun acto reivindicativo na Alameda

RR_Noticias

A formación política convoca hoxe aos veciños a participar dun acto de denuncia e protesta “contra as continuas agresións e perda de dereitos que estamos a sufrir como sociedade civil” que terá lugar na Alameda a partir das 21:00 horas conducido por Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”.

Un acto organizado co gallo da próxima celebración do Día da patria e que seguindo un formato de “radio en directo” servirá para que o seu condutor Eduardo Rodríguez, “Tatán” vaia dando paso ás voces de representantes dos movementos sociais, sindicais e políticos  con música en directo e a intervención do público que desexen participar.
Entre outras persoas intervirá unha representante na comarca de Redondela do afectados pola estafa das preferentes e das obrigacións subordinadas, Cati Míguez e un membro da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Fran Riveiro. Estará tamén presente o sector naval coa presenza do sindicalista da CIG, Miguel Anxo Malvido e participará a deputada de AGE no parlamento galego, Chelo Martínez.
O músico Severino Fervenza  e o grupo Escornabois porán a música en directo.
Desde ANOVA Redondela animan á cidadanía a achegarse a este acto para “expresar a súa indignación e repulsa ante o sistemático espolio dos servizos públicos, da destrución e aniquilamento dos nosos sectores produtivos ,da destrución da nosa riqueza e patrimonio ambiental e cultural e da erradicación dos nosos dereitos e liberdades”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará