Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación adxudica a pavimentación do camiño de San Mamede en Quintela

RR_Noticias

A empresa Pérez Portela será a encargada de realizar esta actuación por valor de104.949 euros e forma parte das obras incluídas no Plan de Investimentos da deputación centrados fundamentalmente no acondicionamento de núcleos e vías rurais, na mellora de estradas e a dotación de saneamento e núcleos de poboación.

Dos 12 proxectos adxudicados hoxe, 4 refírense a traballos de acondicionamento de núcleos ou viais rurais, entre os que figura o proxecto de mellora e pavimentación do camiño municipal de San Mamede, na parroquia de Quintela, en Redondela, adxudicada á empresa Pérez Portela en 104.949 euros.
Tamén se adxudicou o ensanche e mellora da capa de rodadura en camiños de San Vicente, Ventín e Fornelos, no concello de Fornelos de Montes, que foi adxudicada á empresa Caldevergazo por un importe de 58.251,82 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará