Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha redondelá de 24 anos acusada de matar o seu noivo en Canarias

RR_Noticias

A moza, Arantxa Amoedo Martínez, natural de Redondela, entrou en prisión provisional e sen fianza logo de que así o decretase a titular do xulgado de Instrucción número 2 de Tede pola súa presunta relación co asasinato da súa parella, Jordi Burón Porcar. A moza, malia ser de Redondela reside dende hai anos en Canarias.

A maxistrada impútalle un delito de homicidio logo de que axentes da garda Civil a detivesen despois de localizar o cadáver da súa parella, Jordi Burón Porcar, en avanzado estado de descomposición tendido no garaxe da vivenda que compartían na localidade de Arinaga. A autopsia confirmou que o home faleceu logo de que lle asestaran unha coitelada no tórax. O caso continúa baixo segredo sumarial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará