Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A memoria sonora de Redondela

RR_Noticias

O colectivo Trespés xunto co artista sonoro Juanjo Palacios realizaron ao longo de varios días un traballo de recompilación da paisaxe sonora de Redondela, con paradas na ponte de Rande, no centro da vila, no ámbito da Portela e en Cesantes. Uns “paseos sonoros” que se poden escoitar na súa integridade no enderezo http://juanjopalacios.com/paseos-por-la-ensenada-de-san-simon.php

Un ambicioso proxecto desenvolvido ao longo de dous anos por Escoitar.org, Agadic e a Fundación San Simón así como outras entidades de Finlancia, Francia e Autria que busca preservar a memoria de todos aqueles lugares polos que pasa e conservar rexistros da paisaxe sonora do continente. No caso de Galicia realizáronse unhas 30 gravacións ao redor da costa da Ría de Vigo tomando como punto de partida a Illa de San Simón. O colectivo Trespés foi o encargado xunto co artista sonoro Juanjo Palacios de facer este traballo en Redondela. Con diferentes veciños da vila graváronse paseos sonoros por distintos puntos do concello que serviron para recordar como nos 60 o mar chegaba ao corazón da vila atracando os barcos moi preto do Concello ou como o médico Martínez Alonso e un mariñeiro salvaron a xudeos que embarcaban cara América. No caso de Rande, Palacios realizou un circuíto gravando a xente que traballara na conserveira que agora acolle o centro de interpretación Meirande. Un método de traballo que ao entender de Juanjo Palacios é o máis axeitado para que a xente colabore dun xeito natural e esquecéndose dos micrófonos. Palacios recoméndanos achegarnos a estes arquivos sonoros polo seu “poder ensoñador”, un mapa acústico de Europa que podemos consultar en http://europeanacousticheritage.eu/  

Juanjo Palacios artista sonoro
Explica a importancia de contar cun arquivo sonoro
Paseos sonoros
Un método que permite un mellor achegamento aos participantes
Poder ensoñador
Outro xeito de achegarnos ao pasado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará