Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidas dúas mulleres que perseguían con bastóns a unha parella en Isidoro Queimaliños

RR_Noticias

As detidas portaban bastóns metálicos cos que ameazaban e perseguían a unha parella que fuxía do casco vello á carreira para evitar ser agredida. As mulleres, de dezaoito e trinta un anos de idade, foron detidas polos axentes da Policía Nacional como autoras dun delito de atentado contra a autoridade.

Os feitos tiveron lugar na tarde do pasado fin de semana cando unha chamada alerta dunha liorta que se estaba a producir na rúa Isidoro Queimaliños. Unha vez no lugar, os axentes da Policía nacional atopáronse cun grupo dunhas 12 persoas, entre elas varios nenos así como dúas mulleres que portaban bastóns metálicos cos que perseguían a un home e unha muller que fuxían do lugar.
Os axentes lograron deter ás mulleres malia que unha delas tentou fuxir e tivo que ser perseguida por un dos axentes. A dotación policial tivo tamén que enfrontarse a varios familiares que os recriminaban para que soltaran as detidas e non as trasladarán á comisaría.
As detidas pasaron xa a disposición do Xulgado de Instrucción Número Dous de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará