Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anova lamenta que a oposición non acadase un acordo para presentar unha moción de censura

RR_Noticias

A formación política entende que a falta de acordo entre PSOE, BNG e AER é unha oportunidade perdida para rematar cun goberno do PP que “está a desenvolver en Redondela as mesmas políticas coas que Rajoy e Feijoo están a esfarelar o estado de benestar”. Engaden que desaproveitar a posiblidade de desbancar da alcaldía ao goberno de Javier Bas logo de que este perdera a cuestión de confianza vencellada aos orzamentos supón ademais “fortalecer as redes clientelares da Deputación de Pontevedra”.

Redondela perde ao entender de Anova unha oportunidade para rematar cun goberno do Partido Popular que dende que entrou a gobernar o Concello de Redondela “está a desenvolver políticas que non se diferencian daqueloutras coas que Rajoy e Feijoo están a esfarelar o estado do benestar”. Poñen como exemplo a contratación “dunha empresa de Gogós para a xestión cultural do concello” que responde segundo apuntan “a unha vontade privatizadora da xestión pública e prima uns valores e ética afastados do que debera ser o labor dun departamento de cultura”.
Critican tamén o modelo de conciliación familiar “tipo parking” coa organización dunha ludoteca de verán, de 3 horas diarias, como solución á conciliación familiar no tempo estival. Engaden que o PP “fai política de dereitas apostando por un modelo parking de conciliación familiar sen pensar que nas necesidades conciliacións reais dos homes e mulleres con fillos e fillas”.
Finalmente apuntan que a “permanencia dun goberno do PP en Redondela significa fortalecer as redes clientelares da Deputación de Pontevedra que chegan a este concello en forma de piche” e  que “a suposta xestión do PP non é máis que apostar pola política do amiguismo e renunciar ao principio da igualdade de oportunidades propia das democracias modernas”.
Por todo isto conclúen que a política local de Redondela “precisa dun cambio que salve ao concello da regresión social que representa e practica o Partido Popular”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará