Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Batalla de Rande a nado, unha travesía entre Illas

RR_Noticias

Un total de 22 andadores participan este sábado día 6 na segunda edición da batalla de Rande a nado, unha durísima travesía de 27 quilómetros que se celebra en augas da enseada. Os participantes deberán superar a distancia que separa as Illas Cíes de San Simón, un duro percorrido sobre todo debido ás frías temperaturas destas augas.

En total son 22 os nadadores que confirmaron a súa participación na proba, entre eles tan só unha muller Selina Moreno, nadadora que conta entre os seus logros persoais ter percorrido o Estreito de Gibraltar e o Canal da Mancha. Non participará pola contra o redondelán David Blanco, un mozo que con tan só 16 anos conseguía a mellor marca na primeira edición celebrada o ano pasado logrando a vitoria logo de superar os 27 quilómetros da travesía en tan só 5 horas 41 minutos.
Para evitar calquera tipo de incidente, cada nadador irá acompañado dun kaiakista que será o encargado de velar pola súa seguridade. Ademais en ningún momento se paralizará o tráfico portuario, polo que se prestará especial atención a proximidade de calquera embarcación ao deportista.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará