Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados polas preferentes reciben asesoramento xurídico no Multiusos

RR_Noticias

As persoas que acudan a este punto de asesoramento, que comezarán a funcionar o martes 18 e que permanecerá aberto durante un mínimo de dous meses en horario de 10:00 a 14:00 horas, serán atendidas por persoal licenciado en dereito coñecedor da problemática da comercialización de produtos híbridos. A atención será personalizada atendendo a situación particular de cada afectado. En Redondela son máis de 600 as persoas susceptibles de demandar este servizo.

O obxectivo deste servizo, posto en marcha pola Unión de consumidores de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, é orientar aos afectados á hora de reclamar a devolución do seu diñeiro pola vía xudicial e de orientalos e asesoralos nun “momento crucial” como é o actual, cando teñen que facer fronte ao troco e ás quitas, segundo nos explicaba o Coordinador do proxecto Felix Caramés. A oficina estará aberta ao público de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e, nela, un avogado orientará e informará aos interesados sobre as posibilidades de acudir á vía xudicial, os pasos que deben dar, a forma de facelo e se teñen ou non dereito a xustiza gratuíta. Ofrecerase ademais atención individualizada para que os afectados que decidan acudir á vía xudicial teñan todas as facilidades e a información adaptada ao seu caso concreto. Trátase de que, ante unha eventual finalización das arbitraxes, aqueles que opten pola vía xudicial o fagan con todos os elementos de xuízo necesarios. Desta forma, os avogados que atenderán as oficinas de asesoramento, abertas en Redondela así como nos concellos de Tui, Ponteareas, Cangas, Cambados, A Estrada e Lalín e nas sedes da Deputación en Vigo e Pontevedra analizarán as circunstancias de cada afectado; a súa relación coa entidade; a dinámica da contratación; os prazos fixos “ponte”; o “Test Mifid”; a posible vulneración de normas de protección ao cliente; se pode darse nulidade ou a nulabilidade dos contratos; e, en definitiva, cantas circunstancias poidan analizarse nun procedemento xudicial.    

Felix Caramés Unión de Consumidores de Galicia
Recomenda asesorarse canto antes
Atención individualiza
Un avogado encargarase da atención persoal a cada afectado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará