Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Páxina web do Concello publicará as retribucións que reciben os concelleiros

RR_Noticias

Así se acordou por unanimidade no último pleno ordinario en resposta a unha petición presentada pola Agrupación de Electores na que reclaman “maior transparencia no gasto dos cartos públicos” por considerar que a cidadanía debe ter un acceso fácil á información en todo o relativo ao gasto neste materia sobre todo nun momento como o actual no que se suceden as críticas á clase política.

E para facilitar que todos os veciñas coñezan o que as formacións políticas e os seus membros cobran por diversos conceptos as corporación en pleno comprometeuse a publicar na páxina web do concello o salario de cada un dos membros da corporación, a contía da subvención recibida por cada grupo político, os cartos que reciben os membros da corporación por asistir a outros organismos, como a Deputación ou Portos de Galicia, as dietas recibidas polos concelleiros con responsabilidade de goberno e os gastos de protocolo do equipo de goberno. Finalmente reclaman que se fagan públicos estes datos dende o inicio do actual mandato. Todos os grupos amosaron o seu apoio á moción e houbo quen non dubidou en dar xa conta deses datos de viva voz na sesión plenaria. Era a edil nacionalistas Cecila Pérez Orge quen explicaba que se trata de datos feitos públicos xa no pleno e que no caso do BNG roldan os 400 euros, dos cales 150 eurso son para o concelleiro e o resto van para a formación política. Tamén de acordo se amosaba o edil do PSOE, Luís Orge Os populares secundaron a moción aínda que o edil Miguel Angel Álvarez Ballesteros puntualizaba que as veces este tipo de propostas parecen conlevar unha críticas implícita cara os que cobran por realizar unha labor política.  

Jorge Varela Chopi AER
A agrupación de electores presentou a proposta
Cecilia Pérez Orge BNG
Os nacionalistas explicaron de viva voz o que perciben
Luis Orge PSOE
Unha moción apoiada por todos os grupos
MIguel Angel Alvarez Ballesteros PP
Os populares lembraban que os datos son xa públicos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará