Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os clientes elixen como mellor pincho a “vieira a parra” da Viñoteca A Parra

RR_Noticias

Entre os participantes na II Ruta do Pincho que organiza a Asoicación de emrpesarios resultaron gañadores Chema Ferreiro Castro, Lucía Figueroa Blanco e Sandra Bastos Míguez. O mellor pincho ao entender dos clientes foi o elaborado pola VIñoteca A parra que consistía nunha viera de follado con chocos, zamburiñas, gambas, berberechos e arroz.

Na maña de onte tivo lugar na Casa da Cultura de Redondela a entrega de premios do mellor pincho da II Ruta do Pincho de Redondela e o sorteo de premios entre todos os clientes da Ruta
Nesta segunda edición o pincho máis votado foi a “Vieira A Parra” servido na Viñoteca A Parra que consistía nunha viera de follado con chocos, zamburiñas, gambas, berberechos e arroz.
Ademais de desvelar o mellor pincho tamén se levou a cabo o sorteo entre todos os clientes que completaron a Ruta con ao menos 8 pinchos. Os premiados foron Chema Ferreiro Castro cunha Estancia de Fin de Semana no “Tálaso Atlántico” e Circuito Termal, Lucía Figueroa Blanco cun lote de produtos con Denominación de Orixe e Sandra Bastos Míguez cun pack de tres botellas.
Nesta edición a Ruta do Pincho de Redondela contou coa colaboración do Concello de Redondela e Disgobe.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará