Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas “O noso apego ao sillón non é a calquera prezo”

RR_Noticias

Con estas palabras o alcalde de Redondela anunciaba a presentación dunha cuestión de confianza vencellada aos orzamentos e que se vai debater nun pleno extraordinario convocado para mañá xoves día 6 ás 19:00 horas. O rexedor local adoptaba esta decisión logo de que os grupos da oposición rexeitaxen o orzamento municipal para o 2013, unhas contas que para Bas era imprescidible aprobar “para poder facer unha Redondela con maiúsculas”.

O voto en contra de PSOE, BNG e AER impedía ao goberno local sacar adiante o orzamento. Unha situación que deixaba basicamente dúas alternativas aos populares: prorrogar os actuais orzamentos ou facer uns novos e iniciar unha nova rolda de contactos cos grupos da oposición para tentar así sacar adiante as contas para o presente exercicio. Dúas opcións que non convencen ao grupo de Javier Bas que optou por unha terceira vía: presentar unha cuestión de confianza vencellada aos orzamentos. Aseguraba Bas que “os orzamentos presentados son os que necesita Redondela agora e que a súa aprobación é imprescindible para facer unha Redondela con maiúsculas”. Engadía o rexedor que con esta decisión queren tamén “facer ver que o noso apego ao sillón non é a calquera prezo”. No caso de que a oposición rexeite no pleno de mañá os orzamentos e a cuestión de confianza presentada por Bas, os tres grupos contarán cun mes de prazo para consensuar e presentar un candidato á alcaldía e un orzamento alternativo. De non facelo nese prazo, o orzamento dos populares aprobaríase automaticamente.  

Javier Bas alcalde
Cuestión de confianza

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará