Hoxe é Xoves 8 de Decembro de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela na elite do remo nacional

RR_Noticias

O club redondelán fíxose co título de campión na categoría Xuvenil Masculina nas finais da proba estatal disputadas onte en augas de Meira. Os de Chapela acadaron tamén a cuarta praza no Absoluto Masculino e a sexta no Absoluto Feminino.

Foron os equipos galegos os que coparon as tres Bandeiras de Honra e polo tanto os títulos de campións de España nas tres categorías. Samertolaméu adxudicouse a proba en absoluto feminino e masculino e Chapela na categoría xuvenil masculino. Un fito histórico para o remo galego, no LXVII Campionato de España de Trainerillas que onte finalizou en augas de Meira-Moaña. E todo nunha fermosa xornada para o remo, cun día estival co mar en calma e sen vento. Apuntar que tamén os equipos galegos levaron unha medalla de prata, que foi para Cabo da Cruz, e dúas de bronce, para Tirán e Mecos. Os únicos que roubaron algo de protagonismo ós equipos galegos foron os vascos de Koxtape San Juan, que conquistaron tres medallas, dúas pratas e un bronce. A xornada deu comezo coa final absoluta feminina e unha auténtica exhibición de Samertolaméu, que pronto puxeron distancia coas segundas clasificadas, Koxtape, e detrás Mecos. Na categoría absoluta masculina, Samertolaméu volveu mostrar o seu enorme nivel, aínda que os vascos de Koxtape San Juan puxéronllo difícil. A final de xuvenís foi un duelo entre Chapela e Cabo da Cruz, que foron moi superiores a Koxtape, Amegrove e Castro. Cruzaron a meta por diante os de Chapela, cunha escasa vantaxe sobre Cabo da Cruz, o que lle daba a vitoria aos remeiros do equipo redondelán con Tomás Toscano, Yago Saavedra, Mario Pérez, Manuel Zayas, Javier Sánchez, Xullo Rodríguez e María López.
Finais de Honra: Absoluto feminino: 1.- Samertolaméu, 15.36:15; 2.- Koxtape, 15.43:22; 3.- Mecos, 15.59:47; 4.- Tirán, 16.04:06; 5.- Cabo dá Cruz, 16.17:41.- Xuvenil masculino: 1.- Chapela, 14.13:38; 2.- Cabo dá Cruz, 14.13:94; 3.- Koxtape, 14.28:78; 4.- Amegrove, 14.31:94; Castro Urdiales, 14.58:39.- Absoluto masculino: 1.- Samertolaméu, 13.29:22; 2.- Koxtape, 13.31:25; 3.- Tirán, 13.36:09; 4.- Chapela, 13.43:66; 5.- Moaña, 13.49:28.
Finais B – postos 6º a 10º: Absolutos feminino: 1.- Chapela, 16.23:72; 2.- Bueu, 16.48:18; 3.- Amegrove, 17.36:38.- Xuvenil masculino: 1.- San Pantaleón, 14.47:28; 2.- Esteirana, 15.01:15; 3.- Rianxo, 15.19:31; 4.- Ondárroa, 15.33:41; 5.- Suances, 15.46:72.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará