Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido o presunto autor dun lume en Chapela

RR_Noticias

O incendio, que calcinou 200 metros cadrados de monte arborado na parroquia de Chapela o pasado 25 de maio, produciuse por unha imprudencia na realización dunha queima de restos forestais amoreados. No que vai de ano un total de 48 persoas foron detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

A Policía Autonómica detivo a unha persoa como presunto autor dun lume en Redondela o pasado 25 de maio e que afectou a unha superficie de 200 metros cadrados de monte arborado na parroquia de Chapela. As dilixencias foron remitidas ao xulgado de instrución nº 1 de Redondela. A detención fíxose efectiva por axentes da xefatura local de Vigo en colaboración co Distrito Forestal Vigo-Baixo Miño. Este departamento detivo tamén a unha segunda persoa como autor dun incendio na parroquia de San Xoán de Tabagón no concello de O Rosal que afectou a 2.300 metros cadrados de monte arborado. En ambos os dous casos os lumes foron causados por imprudencias na realización de queimas de restos forestais amoreados.
Tras estas detencións, o número de detidos pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais se eleva a 48 persoas. 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará