Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Coral O Piñeiral presenta o espectáculo “Viva o Corpus”

RR_Noticias

Unha representación musical orixinal da Agrupación de Chapela cuxo repertorio xira integramente en torno ás flores, con cancións en galego, castelán e inglés. As actuación, enmarcadas dentro da programación das Festas da Coca, serán este sábado 1 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira e o sábado 8 á mesma hora no auditorio de o Piñeiral en Chapela.

Amapola, Os Nardos, Rosas de Francia e así ata un total de 13 cancións todas elas dedicadas as flores conforman o repertorio do espectáculo musical que porá en escena a Coral O Piñeiral de Chapela baixo o título “Viva o Corpus”. Un concerto incluído na programación da Festa da Coca co que os integrantes da agrupación musical, baixo a dirección de Alberto Abal García quere render o seu particular homenaxe a todas as alfombristas que ano tras ano realizan un traballo indispensable para conservar a tradición floral en Redondela. Un espectáculo que contará coa contacontos e escenógrafa Charo Pita, co pianista redondelán Alejo Amoedo e a pianista Paula Gago e a arpista Bea Martínez.  

Anxeles babarro Coral o Piñeiral
Fálanos do espectáculo Viva o corpus
Repertorio dedicado ás flores
Temas como Os nardos ou Amapola poderanse escoitar nos Multiusos
Colaboración de Charo Pita
Contacontos e escenógrafa tamén forma parte do espectáculo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará