Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teresa Tojeiro “Na Coca quen non colle mozo ou moza despois non o atopa”

RR_Noticias

A historia local e a riqueza artística do Concello de Redondela centraron o pregón de Mª Teresa Tojeiro. A que fora profesora de historia do Instituto Mendiño e mestra durante décadas de moitos redondeláns (entre eles o propio concelleiro de cultura, Julio alonso) botou man dos seus coñecementos na materia para facer un percorrido pola historia da Festa e o patrimonio cultural.  

Tojeiro botou man dos seus coñecementos na materia para facer un percorrido pola historia da Festa e o patrimonio cultural sen esquecer a súa experiencia persoal como redondelá que dende cativa viviu estas celebracións achegándose ao monstro da Coca as veces temible e as veces desexado, admirando “aos abuelitos”, participando da elaboración das alfombras ou gozando da Danza das espadas. Tamén foi quen de sacar un sorriso ao público que ateigaba o Multiusos, lugar no que se realizou o pregón debido ao mal tempo, ao lembrar que “na Coca quen non colle mozo ou moza despois non o atopa”. Rematou lembrando que “conservando o Xoves do Corpus estamos a conservar a nosa cultura” e desexando a veciños e visitantes que gozaran destas festas que se prolongan ata o domingo.  

Teresa Tojeiro pregoeira
Un repaso pola historia e o patrimonio local

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará