Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela como autor dun roubo nun centro deportivo de Peinador

RR_Noticias

O detido, de 44 anos de idade e veciño de Redondela tería accedido aos vestiarios a través dunha fiestra rebentando as pechaduras de dezasete taquillas das que se levou varias caixas de pelotas de golf cuxo importe ascende a máis de 2.500 euros. A Policía Nacional detivo ao presunto autor do roubo na mañá do mércores nas proximidades do lugar no que se tería cometido o furto.

O roubo tivo lugar o pasado 3 de maio segundo a denuncia presentada polo responsable do Centro Deportivo de Peinador quen manifestou o roubo en dezasete taquillas dos vestiarios do seu centro e o roubo de varias caixas de pelotas de golf cuns gastos totais de 2.500 euros.
Despois dunha completa investigación e de analizar as diferentes probas os investigados concluíron que o autor dos feitos era un varón veciño de Redondela que tería accedido ao centro a través dunha fiestra situada na parte superior dos vestiarios evitando así os sistemas de alarma e vídeo vixilancia. A localización do presunto autor tivo lugar na mañá do mércores, procedéndose a súa identificación, detención e posterior traslado a dependencias policiais.
O detido, que pasou xa a disposición do Xulgado de Instrucción número catro de Vigo conta con cinco antecedentes anteriores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará