Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Piden tres anos de cárcere para o propietario da cementeira de Vilar

RR_Noticias

Jorge Cuesta enfrontase a unha pena de tres anos de cárcere e unha multa de 270.000 euros acusado dun suposto delito de fraude fiscal por non xustificar 753.000 euros durante o ano 2005. O xuicio celebrouse na xornada de onte no xulgado do penal número un de Vigo.

O propietario da cementeira JCA Hormigones de Vilar de Infesta, Jorge Cuesta enfróntase a unha pena de tres anos de cárcere e unha sanción económica de 270.000 euros por un suposto delito de fraude fiscal cometido no exercicio do 2005.
A Axencia Tributaria acúsao de fraude pro non ter xustificado unha ganancia de 753.251 euros durante o ano 2005 pola que debería ter tributado 263.638 euros.
Este empresario foi xa condenado hai tres meses a un ano de cárcere por fraude fiscal por non declarar unha ganancia patrimonial semellante durante o 2006 e pola que debería ter abonada á Facenda 228.209 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará