Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A profesora de historia Teresa Tojeiro pregoeira das Festas da Coca

RR_Noticias

A orquestra Olympus abre o programa nocturno con verbena na noite do mércores dentro dunha programación na que non faltarán as citas tradicionais coas alfombras florais e a Danza das espadas e as Penlas así como as actividades orientadas aos máis pequenos coa “Coca dos nenos” na Alameda.

Coa vista posta no ceo arranca mañá a programación da Festa da Coca cos tradicionais pasarrúas ás 17:30 horas a cargo da banda de Música de Redondela e o desfile de Xigantes e cabezudos media hora despois. O pregón ás 20:00 horas correrá a cargo da profesora de historia Mª Teresa Tojeiro, dentro da política iniciada anos atrás por parte da Concellerái de Cultura e que prevé que sexan veciños e veciñas de Redondela os encargados deste acto institucional. A continuación a Orquestra de saxos ofrecerá un concerto na Alameda e pola noite se procederá á elaboración das alfombras florais. Tamén mañá terá lugar a actuación da Orquestra Olympus, considerada unha das formacións deste estilo máis salientables do panorama musical galego. A verbena arrancará ás 22:00 horas. O xoves do Corpus, día grande en Redondela onde se mantén o festivo local, a xornada vivirá a cita obrigada coa Danza das espadas e as penlas ás 13:00 horas co tradicional baile na praza da Constitución a unha da tarde, logo de que a procesión percorra as rúas decoradas coas alfombras florais. Xa pola tarde haberá citas deportivas na Pista da Xunqueira e arrancará a Coca dos nenos con actividades tanto o xoves como o venres na Alameda con ludotecas, actividades circenses e teatro a partir das 17:30 horas. A verbena o xoves correrá a cargo da Orquestra Capitol. Dende a Concellería de cultura destacan a recuperación a cargo do musicólogo Javier Jurado dunha peza composta por Reveriano Soutullo para as marchas procesionais e que se poderá escoitar interpretada pola Banda de música de Chapela na procesión do domingo.  

Julio Alonso edil de Cultura
Teresa Tojeiro será a encargada de ler o pregón
A Coca dos nenos
Os máis pequenos terán actividades propias na Alameda
Orquestra Olympus
Unha das mellores agrupacións deste estilo en Galicia
Peza de Reveriano Soutullo
Poderase escoitar no repertorio da banda de Música de Chapela o domingo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará