Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha familia asturiana dona unha tonelada de tapóns á familia de Yessi

RR_Noticias

O obxectivo é axudalos para lograr un diagnóstico e un tratamento para a enfermidade neurodexenerativa que mantén a esta moza redondelá nunha cadeira de rodas.
A familia asturiana estaba a reunir estes tapón para poder pagar as operación da súa filla, afectada por un nevus na cabeza, pero agora decidiu doalos para axudar a Yessi.

A empresa de transporte urxente Halcourier, encargarase do traslado dos tapóns cuxa entrega realizarase este xoves ás 17:30 na fábrica de reciclaxe de La Cañiza situada no Porriño. No acto participarán as dúas familias así como responsables da empresa de transporte.
Os pais de Yessi necesitan levala a un centro especializado nos Estados Unidos e precisan reunir unhas 12 toneladas de tapóns de plástico. Por cada tonelada a planta de o Porriño paga 250 euros.
O obxectivo é lograr un diagnóstico para esta nena completamente normal ata os sete anos de idade e que a partir dese momento comezou a sufrir un paulatino deterioro nas súas capacidades corporais. Malia as reiteradas probas médicas ás que se ten sometido, Yessi continúa sen ter un diagnóstico concreto que permita atacar a súa enfermidade, unha doenza das consideradas raras, xa que ela podería ser a única no mundo en padecela. Unha peregrinaxe por diferentes hospitais e especialistas que aínda non ten dado resultado. Agora o obxectivo é trasladarse a un hospital norteamericano especializado no diagnóstico das enfermidade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará