Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Polémica pola contratación da empresa Biglab para a xestión cultural

RR_Noticias

O BNG solicita ao Concello información sobre a empresa contratada polo concello para a xestión cultural e critica que non se teña informado desta decisión ao resto dos grupos políticos presentes na corporación. A empresa contratada por un período de 8 meses recibirá mensualmente 2.117 euros polos seus servizos.

A decisión do concello de contratar á empresa Biglab para a “realización de traballos de xestión cultural para o Concello de Redondela dende o 15 de maio do 2013 ata o 15 de xaneiro de 2014 por un importe mensual de 2.117 euros” está a ser moi discutida tanto nas redes sociais como dende os propios partidos políticos da oposición.
Así, dende o BNG solicitan do Concello que dea explicacións sobre do motivos que os levou a realizar dita contratación, o porque de non ter informado previamente na correspondente comisión informativa de cultura ao resto dos grupos políticos e finalmente solicitan que se explique cal vai ser o cometido de dita empresa así como cal vai ser a súa relación co resto dos traballadores da área de cultura.
Dende a alcaldía xustifícase a contratación de Biglab pola necesidade de contar cunha empresa que realice as tarefas de xestión cultural e se encargue da coordinación de todos os eventos que nesa materia se celebren no municipio. Así, a adxudicataria deberá realizar a coordinación das actividades que se desenvolvan nas Festas da Coca, organizar e por en marcha a programación de verán e Nadal, a maquetación de folletos, libros e realización de exposicións e, en xeral, “levar a cabo a produción de todos os eventos culturais de Redondela así como cuantificar as necesidades para cubrir os distintos eventos que se celebren”.
Para tal fin, solicitáronse tres orzamentos sendo “o economicamente máis vantaxoso o presentado pola empresa Biglab.Sl.” que finalmente foi a contratada e que xa se encargou da produción, seguimento e coordinación das actividades celebradas durante o festival de Tïteres.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará