Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de plantas medicinais e aromáticas no Viso

RR_Noticias

A Asociación Cultural Santa María do Viso organiza o sábado 25 de maio un obradoiro de plantas medicinais e aromáticas do noso entorno impartido pola naturópata, fitoterapeura e homeópata Siegrun Bischof e o domingo 26 unha xornada de convidencia no Monte da Peneda.

Nunha sesión de catro horas os asistentes coñecerán as técnicas para secar e conservar as plantas con tódalas súas propiedades, aprenderán a elaborar remedios naturais a base de plantas como un cataplasma, po dental, infusións que serven para paliar diferentes doenzas ou tamén outras aplicacións deste tipo de vexetais como a elaboración dunha tintura ou unha crema de mans. A sesión desenvolverase na Sociedade de Agricultores de O Viso, na antiga escola de Tuimil, en horario de 16:30 a 20:30 e ten un custe de 17 euros. As persoas interesadas en participar do obradoiro deben inscribirse previamente no teléfono 609 993 885. Xornada de convivencia Por outra banda, a Asociación Cultural Santa María do Viso anima aos veciños a participar nunha xornada de convivencia o domingo 26 de maio a partir das 12h no Monte da Peneda. Cada persoa levará algunha comida e/ou bebida e farase un xantar compartido, levaranse instrumentos e os participantes gozarán dunha xornada de confraternización.  

Siegrun Bischof naturópata
Un obradoiro práctico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará