Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O campo da feira permanecerá pechado dous días por mor das obras de asfaltado

RR_Noticias

Os condutores que adoitan estacionar os seus vehículos no aparcamento do Campo da Feira, fronte ao mercado municipal, deberán buscar prazas de estacionamento alternativas aló menos ata o vindeiro venres, data na que está previsto que rematen os traballos de asfaltado que se están a realizar nese espazo.

As máquinas comezaron a traballar xa na xornada de hoxe, aínda que xa onte as vallas colocadas pola Policía Local advertían aos condutores da prohibición de deixar alí os seus vehículos.
As obras de mellora do firme comezaron xa antes da celebración da Festa do Choco e retómanse agora co obxectivo de rematalas definitivamente o venres, cando se dean por concluídos os traballos de asfaltado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará