Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Solicitan a retirada dun poste do alumeado público no Camiño da Rabexa en Chapela

RR_Noticias

O PSOE reitera a súa denuncia pola falta de mantemento da rede viaria. Critican que dende o concello non se estean a realizar os arranxos e investimentos necesarios para manter en bo estado os camiños das diferentes parroquias. En Chapela recollen as queixas dos veciños do Camiño da Rabexa que segundo denuncian presenta “un total estado de abandono con moitas fendas e buratos”.

A costa do Camiño da Rabexa en Chapela presenta, segundo denuncian dende o PSOE, moitas gretas e precisa dun novo asfaltado e tamén dunha ampliación, posto que a condución e a maniobrabilidade é complicada na zona debido entre outras cousas á existencia dun poste de alumeado público a altura do número 13 que impide que pasen dous vehículos.
Os socialistas instan ao goberno local a que poña solución “dunha vez por todas a tódalas queixas dos veciños e veciñas do municipio que ven como as estradas e camiños deterióranse sen que se faga nada” e neste caso concreto piden que se cambie de lugar o citado poste de alumeado público e que o camiño sexa asfaltado e ampliado.
Ao longo do mes pasado, o PSOE denunciara tamén o estado de deterioro e perigosidade no Camiño do Campiño, cunha brecha de 25 a 30 metros, e do Camiño da Portela, no que o gardarraíl quedou suspendido no aire por un derrubamento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará