Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catrocentos preferentistas mobilízanse en Redondela en defensa dos seus aforros

RR_Noticias

Uns catrocentos afectados polas preferentes percorreron as rúas do centro da vila facendo escoitar as súas bucinas e os seus berros e reclamando que se lles devolvan os cartos que permanecen “secuestrados” en Nova Galicia Banco. Os afectados de Redondela contaron co apoio doutras plataformas da provincia así como das corporacións de Redondela e Soutomaior encabezadas polos seus respectivos alcaldes.

“Non pararemos ata que cobremos” ou “Non faltan cartos sobran ladróns” foron algúns dos lemas que se volveron escoitar na mañá de hoxe nunha protesta que contou co apoio de plataformas chegadas doutros puntos da comunidade. Había así afectados do Condado Paradanta e tamén de Pontevedra e Marín. Unha marcha que partía dende o mercado municipal sobre as once da mañá e que concluía unha hora despois diante da casa do Concello, lugar no que se leu un manifesto no que se recollían as demandas dos afectados que pasa por demandar da Xunta que presione tanto ao goberno estatal como ao FROB para que “no prazo máximo de seis meses se produza a devolución íntegra dos seus aforros”. Un aforros “que nos foron roubados polos banqueiros” tal e como afirmaba Mª Carmen Freire, unha das afectadas de Marín que decidiu achegarse a Redondela porque entende que é “preciso que nos solidaricemos uns cos outros para ter así máis forza nas nosas reivindicacións”. A marcha contou ademais cun nutrido grupos de políticos entre os que se atopaban concelleiros do grupo de Goberno, encabezados polo alcalde, Javier Bas e representantes do PSOE e BNG. Non faltou tampouco o popular Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior. Entre os participantes escoitáronse novamente críticas á lentitude coa que se están a realizar as arbitraxes, xa que entre os afectados de Redondela están a chamar a “unha persoa cada quince días” e que non exista ningún criterio que determine quen vai ser chamado e quen non “xa que o proceso está a ser completamente arbitrario”.  

Manifesto
Unha das integrantes da Plataforma iniciaba así a lectura dun manifesto ao termo da protesta
Demandas
Os preferentistas reclaman unha devolución inmediata
Mª Carmen Freire afectada
Dende Marín amosan o seu apoio á plataforma de Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará