Hoxe é Xoves 1 de Decembro de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco aínda está vivo na loita polo ascenso

RR_Noticias

Unha vitoria pola mínima diante do Gondomar mantén aos de Jacobo Montes con opcións, aínda que dependen dalgún tropezo dos tres primeiros clasificados. O Choco B gañou por goleada ó Vilariño e o Redondela Fútbol Sala despediu a temporada cunha vitoria sobre sobre o Cafetería Luar.

Preferente Sur
Choco 1-0 Gondomar
Matematicamente quedan opcións, aínda que a falta dunha xornada para rematar a liga os redondeláns dependen dos resultados dos tres equipos que actualmente lideran a clasificación: Areas, con 72 puntos, Portonovo con 70 e Sanxenxo con 69, os mesmos que o Choco, que está 4º. A vitoria dos pupilos de Montes ante o Gondomar permítelle aspirar aínda a meterse por segundo ano consecutivo na fase de ascenso a Terceira. Todo pasa por gañar na última xornada ao Marín e esperar que favorezan o resto de resultados. No partido disputado onte en Santa Mariña o control foi para os locais. Os visitantes puideron conseguir un gol tras un penalti cometido por Ero sobre Nando, pero Cortegoso detivo o lanzamento (min.35). O encontro parecía encamiñado ao 0-0 ata que Albert enganchou unha gran volea nun balón colgado e o seu disparo, moi axustado ao pau, converteuse no 1-0 (min.67). O Choco soubo defender o resultado sen conceder case oportunidades ao rival.
Segunda Autonómica

Choco B 5-2 Vilariño
O filial do Choco segue escalando posicións, na próxima xornada xogarán no campo do Vitoria.
Coia 3-2 Chapela
Os de Chapela afúndense na parte baixa da táboa logo da derrota. A próxima xornada reciben ó Castrelos.
C.Pontevedra 4-2 Soutomaior
O Soutomaior, que segue na loita pola permanencia, non foi quen de superar ó C.Pontevedra. Na próxima xornada reciben ó Dena.
Nespereira 1-2 Pontellas B
Os de Pazos non abandonan a posición de pechacancelas. O domingo reciben ó Goián.
Terceira Autonómica

Caroi 1-1 Cesantes
Reparto de puntos para o Cesantes, que o próximo domingo recibirá ó Xeve.
Arcade 4-1 Monteporreiro
O Arcade fíxose co liderado logo da vitoria, e desfai o empate con Bueu e San Andrés. Na próxima xornada defenden a praza de ascenso no campo do Moraña.
Futbol Sala – Liga Galega Sur

Redondela 4-2 Cafetería Luar
Os de Julio Mougán despediron a liga cun triunfo, e rematan como 6º da liga
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará