Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela imponse en augas de Coruxo

RR_Noticias

O equipo de remo redondelán impúxose no I Trofeo Don Rape de traiñeiriñas na categoría absoluta masculina. Na proba, celebrada onte fronte á praia do Vao, os de Chapela tamén se fixeron coa segunda praza nos xuvenís masculinos e acadaron a cuarta posición no absoluto feminino.

Como xa acontecera o sábado en Tirán, os clubs Chapela, Samertolaméu e Amegrove foron os vencedores nas regatas do I Trofeo Don Rape de traiñeiriñas, organizadas polo Club Remo Coruxo. A xornada foi unha gran festa do remo, con 35 tripulacións participantes cun en calma e temperaturas propias do verán. Nas probas femininas con oito equipos e nas que houbo dúas series, a vitoria foi para Samertolaméu que gañou na primeira. Foi unha regata aberta e competida entre o catro adversarios e aínda que as de Meira foron sempre na cabeza, ao final Tirán, Mecos e Chapela achegáronselles nun sprint espectacular. Nos xuvenís os de a piques estiveron de facerse coa vitoria nunha final moi disputada con Amegrove. Con alternativas no mando da regata entre os dous, ao longo dos 3.500 metros de percorrido, ata que se plantaron nos últimos metros practicamente iguais. A vitoria, apertada e pelexada até o último alento, decidiuse na palada definitiva a favor de Amegrove que superou a Chapela en centésimas. Na categoría absoluta masculina dominou Chapela, que se impuxo de xeito contundente ós seus rivais, quedando por diante de Tirán e Moaña, sendo o segundo equipo redondelán, o Arealonga, os cuartos clasificados. A próxima fin de semana, os días 18 e 19 de maio, dispútase o Campionato Territorial Sur en Meira (Moaña). Os días 25 e 26 celébrase na Coruña o Campionato Galego na Coruña, e xa os días 1 e 2 de xuño terá lugar o Campionato de España de traiñeiriñas en Moaña.
Resultados I Trofeo Don Rape:
Absoluto mulleres: 1.- Samertolaméu, 16.15:59; 2.- Tirán, 16.18:68; 3.- Mecos, 4.- Chapela, 16.19:68; 5.- Bueu, 16.50:13.- Xuvenil masculino: 1.- Amegrove, 14.41:78; 2.- Chapela, 14.41:96; 3.- Tirán, 15.18:79; 4.- Mecos, 15.47:15; 5.- Coruxo, 16.21:66.- Absoluto masculino: 1.- Chapela, 13.42:01; 2.- Tirán, 13.47:89; 3.- Moaña, 13.50:42; 4.- Arealonga, 13.54:80; 5.- Do Grove, 13.59:92.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará