Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desánimo entre os veciños de Redondela pola elevada taxa de paro

RR_Noticias

Cunhas cifras que falan duns 5 millóns de desempregados, a situación para boa parte da poboación é desesperante. A lo menos así o entenden moitos veciños de Redondela, que son pesimistas sobre a saída da crise, convencidos de que a situación tardará anos en arranxarse. Os bos datos sobre a prima de risco ou o axuste da débeda non son percibidos pola poboación como algo positivo, xa a súa situación persoal, lonxe de mellorar, empeorou nos últimos tempos.

Iso é que nos explica Justo, un veciño que entende que os datos “triunfalistas” do goberno sobre a recuperación da economía son “falsos”. Afirma que a situación das familias e dos pequenos empresarios é agora “moito peor”. A lixeira caída do paro no pasado mes de abril, con 46.000 desempregados menos, tampouco é apreciado como algo positivo. Para moitos traballadores como Ana iso é resultado dunha política de contratos precarios como os “minijobs”, como o seu, con moi poucas horas cotizadas e que non lle permite mellorar a súa situación. A mesma opinión compártea Paula, que está no paro, e que se ve obrigada a aceptar empregos “esporádicos e con baixa remuneración”. Esta moza sinala que tamén os que teñen emprego estable o están a pasar mal, “por medo a perdelo”. Tampouco é moi optimista en canto á posibilidade de que a situación se resolva pronto, e agarda que cando menos en 2015 as cousas “empecen a mellorar”. Máis pesimista é Marcial, empregado no sector da hostalería, quen está convencido de que esta recesión “durará vinte anos”. Pero tamén os hai optimistas, é o caso de Luis, que defende as políticas do goberno en materia de axustes. Entende que as reformas do executivo popular vanse deixar sentir na poboación, aínda que recoñece que “tardará aínda algo” en verse os seus efectos positivos.  

Justo: "Todo está moito peor"
Para este veciño os datos macroeconómicos non se traducen nunha mellora para as familias ou os pequenos empresarios.
Paula: "O emprego é moi precario"
Os parados teñen que aceptar empregos precarios e os que teñen traballo temen perdelo.
Luis:"Os axustes son necesarios para saír da crise"
Defende as políticas do goberno aínda que recoñece que os seus efectos tardarán algo en verse na sociedade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará