Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa do Choco despachará 3000 kilos de cefalópodo capturado na Enseada

RR_Noticias

A Confraría de Redondela certifica que todo o produto que se servirá na carpa instalada no Campo da Feira durante a fin de semana procede da Enseada de San Simón e garante a súa calidade e características específicas. Os comensais poderán degustalo elaborado de xeito tradicional no arroz con chocos, chocos na súa tinta, chocos á prancha, en empanada e noutras variedades máis innovadoras.

A XXVII edición da Festa do Choco arrancará o sábado coa apertura das casetas de degustación ás 11:30 horas baixo a carpa instalada no Campo da Feira. Ás doce do mediodái está prevista a celebración do concurso gastronómico e pola tarde, ás 19:00 hroas o cociñeiro Antonio Botana fará unha demostración de cociña elaborando diferentes pratos en directo. A xornada rematará coa actuación da orquestra Saudade e o grupo Diseño. O domingo as actividade arrancará á mesma hora, haberá alboradas a cargo da banda de Música Municipal de Redondela e actuación do grupo folclórico Nosa Terra de Pereiras. Ás 12:30 o presentador do programa Tourilandia, Xosé Antonio Touriñán dará lectura ao pregón. A festa rematará coa actuación do grupo Alcotán ás 20:00 horas. Visitas a San Simón Lembramos ademais que todos os que se cheguen a Redondela poden tamén gozar dunha viaxe guiada a San Simón. Viaxes gratuitas os venres, sábados e domingos do mes de maio nas que é preciso inscribirse previamente ben na Caseta de Turismo na Alameda, no teléfono 986 401713 ou a través das reservas online na páxina web do Concello.  

Clemente Bastos Patrón Maior
A orixe do choco está certificada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará